Este xoves 30 de maio dentro das actividades que organiza BiblioBarouta, recibimos a visita de Antía Yañez.
O alumnado dos diferentes cursos tivo a oportunidade de escoitar da autora aspectos relacionados cos libros que leron.
1º e 2º: A Reconquista.
3º e 4º: Plan de rescate.
5º e 6º: O misterio de Portomarín.
Club de lectura alumnado: O misterio do torque de Burela.
Ao rematar a visita no centro, a autora tivo unha comida coas familias e mestras/es que participaron no Club de Lectura de Familias no que leron dous dos seus libros: Senlleiras e Non penses nun elefante rosa.
Agradecémolle a Antía a súa amabilidade e que asistise ao centro a compartir un ratiño co alumnado.
Ver Imaxes
Referencias:
Foi moi chulo!