Visita de Alicia L. Bruzos a Barouta.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Imaxe: Alumnado de 2º de Ed. Primaria con Alicia no espazo que leva o seu nome.

Escoitar artigo (Voz: Noa)

Hoxe venres 8 de maio foi un día moi especial para o colexio de Barouta.

Despois da xornada do 8M, na que contamos con Alicia L. Bruzos en conexión telemática dende Alemaña, por fin poidemos recibila en Barouta para coñecela en persoa.

Alicia explicoulle a todo o alumnado en que consiste o seu traballo mediante unha presentación interactiva que se fixo na biblioteca. As nenas e nenos de Barouta tiveron a oportunidade de participar e tomar decisións ante as preguntas que lles fixo Alicia.

Contestando ás preguntas.

Todo o alumnado, tanto de Ed. Infantil como de Ed. Primaria puideron coñecer o traballo de Alicia e formularlle as dúbidas e preguntas que tiñan.

Antes de rematar, o curso de 2º de Primaria que está no espazo que leva o nome de Alicia, tivo a oportunidade de coñecela máis en persoa, charlar e ensinarlle o traballo que fixeron sobre ela.

Momento no que se nomeu o espazo Alicia L.Bruzos na conmemoración do 8M

Grazas Alicia por compartir un anaquiño de ti e do teu traballo.

No apartado RadioBarouta – Audios están os audios da Radio Galega onde fala o alumnado de Barouta e tamén outro onde se lle fai unha entrevista a Alicia.

Alumnado de Barouta fala sobre Alicia na Radio Galega:


Entrevista a Alicia L. Bruzos dende o CEIP de Barouta:

 

Ver Imaxes

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.