Esta mañá no noso centro tivemos a sorte de recibir a visita de Paco Nogueiras, que nos contou historias e nos fixo escoitar, rir e cantar.
Nesta ocasión, o alumnado puido gozar dun contacontos diferente, no que as narracións se mesturaban con momentos musicais, creando unha experiencia dinámica e moi atractiva para todos e todas.
Queremos destacar o fantástico comportamento das nenas e dos nenos de Educación Infantil durante toda a actividade. Dende o primeiro momento, estiveron moi atentas, escoitando con interese cada historia e participando con entusiasmo nos momentos máis interactivos. A súa actitude foi exemplar, demostrando respecto, curiosidade e moitas ganas de formar parte desta experiencia.
Sen dúbida, foi unha xornada moi especial que quedará na memoria do alumnado.
Queremos agradecer a visita de Paco Nogueiras e felicitar ás nenas e aos nenos pola súa participación e polo entusiasmo.

