Visita do alumnado de grao de Infantil-Primaria da USC – Barouta 2024

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o pasado martes 5 de novembro, 70 estudantes do grado de Infantil-Primaria da USC acudiron, en compañía de 2 profesoras, a unha visita ao noso centro educativo.

A visita está enmarcada nas materias de “Organización e Xestión da Aula“, “Observación e Análise: Escola e Contexto” e “Deseño e Desenvolvemento Curricular“, pertencentes ao 2º curso desas titulacións.

Durante a visita, explicamos o proxecto pedagóxico do centro e vimos diferentes espazos de traballo, recursos e materias, dando resposta a tódalas dúbidas que xurdiron.

Tivemos tempo tamén para explicarlles varios materiais e recursos cos que traballamos, e expoñerlle algunhas propostas e proxectos que estamos a desenvolver.

Para nós sempre é ilusionante poder transmitir a nosa idea de centro ás futuras mestras e mestres e compartir as inquedanzas que xa na súa formación empezan a ter.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.