O vindeiro 19 de novembro ás 17h00 acolleremos na BiblioBarouta un diálogo aberto con dúas mulleres referentes no activismo por Palestina, Sandra Garrido avogada e integrante da Global Sumud Flotilla e María Rúa, xornalista especializada en xénero e relacións internacionais. As súas vivencias, as experiencias, os seus relatos e voces farannos comprender e ollar Gaza para sumarnos ao seu alento resistente e resiliente.
Esta actividade está organizada pola Comisión Mixta de Igualdade e Xénero, conta coa colaboración da Deputación da Coruña e enmárcase nas accións do PDI de centro Son de Paz. A paz é diálogo, é loita e resistencia pero sobre todo é a construción da xustiza social.
Grazas a AFA Barouta contaremos con servizo de ludoteca para crianzas durante o tempo de duración da actividade
Agardámosvos a todas e todos!
Comisión Mixta de Igualdade e Xénero do CEIP de Barouta



