Levamos xa uns días de celebración, porque a Comisión mixta de Igualdade do CEIP de Barouta recibiu o X Premio Concepción Arenal 2023 co proxecto Educar na Igualdade para a Igualdade.
A comisión de Igualdade xa ten unha ampla traxectoria no centro. No ano 2022, recibiu o Premio Begoña Camaño como recoñecemento á acción cultural pola igualdade de xénero.
É para nós unha honra que se recoñeza, unha vez máis, o traballo que esta comisión leva facendo durante anos, e queremos agradecer dende aquí a implicación das familias en xeral e das náis e pais da comisión en particular.
Este recoñecemento ben acompañado dunha importante aportación económica de 5.000 € que nos permitirá implementar no centro diferentes propostas relacionadas coa igualdade de xénero.
O grupo de traballo de Igualdade do CEIP de Barouta, créase no ano 2019 e está formado por un grupo de familias e mestras que pretenden dar un enfoque externo e interconectado coa comunidade, a unha liña de traballo que xa existe no CEIP sobre a importancia da igualdade entre xéneros e a prevención da violencia. Xorde tamén para intentar dar resposta ás inquedanzas e ás dúbidas que se lle presentan ás familias e ao profesorado en torno a como resolver os problemas que se presentan na sociedade do século XXI, que definíndose así mesma como moderna, continúa perpetuando prexuízos, estereotipos e roles asociados única e exclusivamente ao sexo e xénero.
Referencias.