Xa podes compar en papel a Revista Parolar Nº1 | CEIP de Barouta 2026
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

A revista Parolar tamén en papel!

O pasado 18 de maio viu a luz o primeiro número de Parolar: de Barouta para o lar, a revista creada polo alumnado do noso centro. Nela recóllense moitas das actividades, aprendizaxes, experiencias e momentos compartidos ao longo do curso.

Se aínda non a lestes, podedes botarlle unha ollada á versión dixital aquí:

Revista PAROLAR Nº1 – Barouta

Dende hoxe podedes tamén ter o voso exemplar en papel. Para iso só tedes que cubrir o formulario co voso nome e apelidos. O custo de impresión é de 6€ por exemplar, que se aboarán o mércores 17 á titora.
A revista entregarase o venres 19.

FORMULARIO PARA RESERVAR: AQUÍ


Agardamos que vos guste e que a desfrutedes en familia. Parabéns ao alumnado polo seu gran traballo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.