IGUAIS NOS XOGOS, LIBRES NOS SOÑOS
XOGO SEN PANTALLA ONDE ME DÁ A GANA.
Aproveitando estas datas nas que imos agasallar con libros e xogos, o equipo de biblioteca elaborou unhas recomendacións de xogos e libros clasificados por categorías.
É importante fomentar o uso da lectura e de xoguetes non sexistas, ecolóxicos, sostibles, tradicionais, inclusivos, cooperativos, … que axuden ás nosas nenas e nenos a ter un desenvolvemento integral, libre de calquer tipo de esterotipos.