Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
O xoves 16 de maio gozamos dunha xornada de xogos tradicionais, como xa ven sendo habitual cada curso nestas datas que celebramos o Día das Letras Galegas.
O alumnado de Barouta puido disfrutar de diferentes xogos distribuidos por todo o colexio a cargo de mestras e mestres:
- 3 en liña, leiriñas.
- Mariola.
- Bólas.
- Puño puñete.
- Aro.
- Zoadeira ou fungona.
- Pelouros.
- Pita cega.
- Buxainas.
- Chapas.
- Chave.
- Carracas.
- Pasa Perico.
- Tiro da corda.
- Sacos.
- Birlos ou bolos.
- Zancos.
- Petanca.
Agora que as nenas e nenos xogaron e aprenderon moitos xogos novos, animámosvos a que deixedes por un momento as pantallas de lado e xoguedes con elas e eles. Xa veredes que bo momento ides pasar!!!!
Ver Imaxes
Referencias: