Xornada da Escola do Bosque: pequenas exploradoras en acción
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O 20 de febreiro vivimos unha experiencia moi especial coa nosa xornada da Escola do Bosque. Nesta ocasión, contamos coa colaboración dunha nai do centro, Patricia, que nos preparou unha actividade diferente e moi emocionante: converternos en auténticos exploradores e exploradoras da natureza.

Dende o primeiro momento, o alumnado asumiu o seu papel con entusiasmo. A través dunha proposta dinámica e participativa, foron superando distintas probas relacionadas coa observación, a atención e o coñecemento do entorno natural.

Probas para adestrar a mirada

Ao longo da xornada, as nenas e os nenos tiveron que enfrontarse a pequenos retos de observación: fixarse nos detalles da contorna, identificar elementos da natureza e prestar atención a pistas que lles axudaban a avanzar na súa “misión exploradora”.

Cada proba superada tiña recompensa: unha pegatina de “logrado” que recoñecía o seu esforzo e a súa capacidade de atención. Este pequeno xesto converteuse nunha gran motivación, reforzando a autoestima e as ganas de seguir aprendendo.

Descubrindo a fauna do noso entorno

Durante a actividade tamén tivemos a oportunidade de ver vídeos de animais do monte, o que espertou gran curiosidade e interese. Observamos xabaríns alimentándose —mesmo comendo toxos—, cabalos en liberdade e outros animais propios do noso entorno natural.

Grazas Patricia por ternos unha xornada tan diferente e divertida!

ver imaxes

ver imaxes

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.