Este ano estamos comezando un novo proxecto de horta, no que pretendemos mellorar o chan e sacar un mellor aproveitamento dos bancais, para que poidan ser máis produtivos e telos activos a maior parte do tempo. Para iso, estamos levando a cabo análises do chan e queremos mellorar o seu estado achegándolle os nutrientes que precise.
Para comezar co proceso, queriamos solicitar a vosa COLABORACIÓN, aproveitando para facer unha XORNADA DE CONVIVENCIA O XOVES 1 de OUTUBRO, de 16:30 a 19:00 h, na que todas e todos poidamos colaborar e axudar, facendo escavacións profundas nos bancais e no invernadoiro.
Tamén queremos aproveitar para que aquelas persoas voluntarias que queiran colaborar co alumnado na horta, achegando a súa experiencia e compartíndoa, nolo fagan saber avisando no centro, a través do alumnado, na xornada de convivencia ou mediante o formulario dispoñible na páxina web do centro.
Agardamos contar con vós!
Comisión da Contorna

