Xuntanza do Club de Lectura de familias “As Malas Mulleres”: “A CULPA”
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O vindeiro mércores 18  de marzo teremos a terceira xuntanza do Club de Lectura deste curso 2025/2026

O título elixido para este novo encontro é A CULPA, de María Solar, que foi galardoado co premio Xerais de Novela no ano 2022. Unha novela de terribles segredos, dominación, tolemia e morte na que a culpa é a gran protagonista e, á súa vez, unha historia trepidante, imprevisible e conmovedora que non te deixará indeferente.

Contaremos con servizo de ludoteca gratuíto para facilitar a asistencia das familias.

Se che apetece incluír este libro nas túas lecturas, ou se xa o leches nalgún momento e queres compartir as túas reflexións e opinións nun ambiente distendido e de expresión libre: AGARDÁMOSTE!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.