Xuntanza do Club de Lectura de familias “As Malas Mulleres”: “Herba”

O próximo xoves 13 de febreiro realizaremos a segunda xuntanza neste curso do Club de Lectura “As Malas Mulleres”.

Comentarase a novela gráfica Herba, de Keum Suk Gendry-Kim.

Queremos contar coa túa presenza e para iso, estades convidadas e convidados o xoves 13 de febreiro ás 16:30 na sala de mestras do colexio.

Anímate a participar!

Haberá servizo de ludoteca.

Queremos aproveitar tamén para lembrarvos que pasedes pola bitácora da biblioteca “BiblioBarouta” onde tendes información actualizada.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.