Xuntanza virtual Anxo Carracedo

O luns 27 tivemos unha visita virtual de Ánxo Carracedo, aproveitando que este mes se celebra o “Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Nunha xuntanza co alumnado de 5º e 6º, amosámoslle os nosos experimentos de ciencias e fixémoslle algunha pregunta.

Antes de rematar, ofreceunos unha visita “virtual” polas instalacións onde traballa, e vimos a outras científicas e científicos que alí estaban.

Ah! por certo, que cando quixemos amosarlle o noso agradecemento usamos o aplauso silencioso.

Compartimos con vós algunhas das cousas que nos dixo:

A maneira de aprender ciencia é facendo.

Tiña medo de facer mediciña. É duro tratar moitas enfermidades, por iso quixen investigar.

Eu non sabía o que era unha científica ou científico. Non sabía nin que existían. Na miña infancia as mestras e mestres non nos falaban diso.

O ADN é como un libro de instruccións de como somos cada persoa. É unha definición da vida.

O que busco nunha persoa para traballar no meu equipo é que teña ilusión, que sexa moi traballadora, e se tes ilusión no que fas acabas traballando moito.

Temos que preguntarnos porque ocurren as cousas.

Non me gustan os premios, pero o agradecemento dunha ou dun paciente, dunha ou dun estudiante ,…para min é todo. Iso é o que me da forzas para seguir traballando.

As nenas e nenos con problemas xenéticos non son mellores nin peores ca nós, son distintas/os nunha sociedade determinada.

Ninguén é imprescindible. Absolutamente todas e todos somos un gran de area nunha inmensa praia.

Non me gustan as cidades grandes. Paréceme moi importante o contacto coa natureza. Gústame unha vida con tempo para falar e lecer. Vós que vivides en Barouta, non é un mal lugar para unha vida ideal.


Descargar Entrevista Anxo Carracedo

Ver Imaxes

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.