A escola que queremos

Unha escola aberta, amable, comunitaria, cooperativa e democrática.

Un centro público, que cre e defende a escola pública viva e activa, flexible e aberta, unha educación respetuosa e adaptada aos procesos de vida e necesidades do alumnado.

Inclusiva, que actúe como mecanismo compensador das desigualdades de oportunidades, nun marco de convivencia respectuoso coa diversidade en todas as súas formas e manifestacións. O respecto á diferenza e a convivencia  positiva son e serán piares básicos do noso centro, sensible ao valor da comunicación para a resolución de problemas e para a comprensión do mundo que nos rodea.

Unha escola que garanta a equidade para o alumnado, a igualdade de oportunidades e a coeducación. Unha escola galega inclusiva que fai un aproveitamento da súa inmersión no entorno natural para educar no respecto, coidado e conservación do medio.

Fotografía: Pablo Garaloces “Garacopter”