Actualizado o 8 Febreiro, 2024

No CEIP de Barouta desenvolvemos diferentes proxectos que abranguen tódalas áreas de coñecemento.

Queremos levar a cabo unha aprendizaxe inclusiva e igualitaria que lle de a todo o mundo as mesmas oportunidades para acceder ao coñecemento e á aprendizaxe sexa cal sexa a súa situación ou condición persoal.

Clic aquí para entradas relacionadas con proxectos

Estes son algúns dos proxectos que actualmente estamos desenvolvendo de forma continuada ao longo do curso (a parte dos que se fan de xeito puntual) e dos cales poderás ter información actualizada na nosa web e nas nosas bitácoras.

 

Biblioteca Creativa

En Barouta sabemos da importancia dunha biblioteca que sexa o centro da aprendizaxe da actividade diaria. Por iso, contamos cunha Biblioteca creativa dende a que se desenvolve e centraliza moito do traballo dos outros proxectos e do PDI.

Na nosa biblioteca creamos un entorno de aprendizaxe creativa que inflúe de xeito transversal en tódalas áreas e proxectos.

Formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e desenvolvemos diferentes proxectos vinculados: biblioteca e familias, biblioteca inclusiva, biblioteca solidaria, biblioteca móbil,….

ComuniKT

Un proxecto que engloba todo o que ten que ver co ámbito da comunicación. Dentro deste proxecto está RadioBarouta, TeleBarouta, Editorial Barouta, o equipo de reporteiras de Barouta, a web escolar, …

A través de ComuniKT traballamos todo o referente á recollida, creación e análise de contidos e información.

Pero comuniKT é algo máis: tamén é unha maneira de expresarse e entender o diálogo entre o centro e a Comunidade Educativa.

Creamos diferentes medios para esa comunicación:

  • Espazos web para as familias, para que trasladen a súa visión do traballo desenvolvido na web do centro.
  • Espazos web para o alumnado, para que teñan voz no día a día, para que se expresen o seu sentir do traballo diario que facemos.
  • O apartado ComuniKT para que dende o centro traslademos o traballo que estamos a desenvolver.
  • Bitácoras de aula e de equipos para seguir o día a día do traballo desenvolvido.

RadioBarouta engloba todo o que ten que ver co audio e o que iso implica: redacción, locución, edición, ritmo, entoación… facemos podcast, radio e moitos máis contidos relacionados, como por exemplo os audios do texto (dos artigos da nosa web a través do proxecto “Ponlle Voz“, ou as voces en “Off” para as nosas actuacións, festivais e videos.

Ver información do proxecto “Ponlle Voz”

As matemáticas en Barouta

Abordamos as matemáticas de maneira práctica, vivenciando, manipulando e experimentando.

Propoñémoslle ao alumnado situacións de aprendizaxe. Pretendemos o desenvolvemento máximo das potencialidades en todo o alumnado, dende unha perspectiva inclusiva, á vez que fomenta o interese polas matemáticas.

Trátase de ensinar como elas e eles aprenden.

Ir ao apartado de Matemáticas Manipulativas.

MeteoBarouta

Un proxecto encamiñado a traballar todo o que ten que ver coa meteoroloxía, dun xeito interdisciplinar e multinivel a través de tódalas areas. Porque a meteoroloxía inflúe en tódolos aspectos da nosa vida. O CEIP de Barouta forma parte dende este curso da rede Meteoescolas (dentro do programa Proxecta +) co lema:

MeteoBarouta: a meteoroloxía na actividade humana.

Coñecer MeteoBarouta

Digicraft – Robótica, Intelixencia Artificial e Realidade Aumentada

Dous proxectos moi relacionados coa competencia dixital e a programación. Traballamos aspectos da robótica en diferentes cursos mediante sesións semanais adicadas.

A competencia dixital e o traballo con outras linguaxes (como a programación) axudan a entender o mundo que nos rodea.

Horto Escolar

A natureza e o entorno como un medio de aprendizaxe, e máis nun espazo natural como o que temos en Barouta. O horto escolar serve para as prantacións dos diferentes cursos e para traballar aspectos doutros proxectos como MeteoBarouta, Robótica,…

O contacto e a interacción co entorno é fundamental en calquera aprendizaxe

Polos Creativos

Fomos dos primeiros centros que entramos a formar parte do programa Polos Creativos no curso 2022-2023. Grazas a iso contamos cunha importante dotación e uns espazos de traballo que ofertan recursos para que cada aula ou especialidade poida desenvolver os seus proxectos. Dentro dos Polos Creativos temos os espazos de traballo adicados a:

  • ComuniKT (Redacción, RadioBarouta, TeleBarouta…)
  • Obradoiros
  • Costura e Corte
  • Impresión 3D
  • Robótica
  • Construcción, máquinas simples,…

Contamos con diferentes espazos e recursos para o traballo en diferentes proxectos

Edixgal

Un proxecto da Xunta que xa leva moitos cursos anos no noso centro e que facilita contidos dixitais a través de ordenadores cedidos aos cursos de 5º e 6º de primaria.

Traballamos a través de contidos dixitais

Aula de Proxectos

A aula de proxectos é un medio para o desenvolvemento de tarefas de grupo ou mesmo multinivel. Dende o curso pasado esta aula se ben está destinada a traballar tódalas áreas, está tendo un papel relevante no desenvolvemento da área de matemáticas, grazas ao material dispoñible e á organización que nos permite traballar con alumnado de varios cursos.

Un espazo de traballo colaborativo e cooperativo multinivel

Espazo Calmo.

O espazo calmo e un entorno “seguro” e tranquilo para buscar ese momento de desconexió, de relaxación que podemos precisar. Nese espazo a través de diferentes materiais e técnicas traballamos diferentes actividades multisensoriais e de relaxación.

Un espazo de tranquildade e desconexión para o traballo multisensorial

Programa Jean Monnet

O programa Jean Monnet enmárcase dentro do Erasmus + da Unión Europea. Está dirixido a colexios que traballen aspectos da cultura Europea (democracia, interculturalidade, historia da UE, diversidad cultural, entre otruos). As actividades deben levarse a cabo durante o curso escolar e poderán incluír semanas sobre un proxecto, visitas de estudio e otras actividades de inmersión.

A través da cultura e historia europea traballaremos diferentes proxectos.

Ten como obxectivos prioritarios:

  • Capacitar as mestras e mestres en diferentes aspectos educativos.
  • Aumentar a participación do alumnado.
  • Mellorar a aprendizaxe escolar.

Ver contidos relacionados con Jean Monnet

Voz Natura

En Barouta estamos compremetidos co entorno e coa natureza, dende unha visión ecolóxica de centro.

Voz Natura é o programa de educación ambiental desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre dende o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Contratos Programa

Cada curso solicitamos 10 contratos programas para desenvolver proxectos en diferentes liñas de actuación.

Xestionamos os proxectos presentados, dentro dos Contratos  Programa en tódalas liñas:

  • CP Inclúe : Queda-T, Iguala-T, Convive-T, Inclúe-T, Emociona-T
  • CP Innova: Innova, Excelencia, Saúde, Sostibilidade, Calidade

Outros proxectos

Ao longo de cada curso desenvolvemos diferentes proxectos relacionados con varias áreas de coñecemento.

Levamos anos impartindo robótica como unha materia máis.

Digicraft é outro proxecto no que estamos participando que se centra en aspectos de robótica, Intelixencia Artificial e realidade aumentada.

Os obradoiros de traballo, tamén forman parte da dinámica de funcionamento do noso centro. Contamos con obradoiros de corte e costura, Impresora 3D, obradoiro de restauración, … e puntualmente segundo sexa necesario habilitamos outros obradoiros como modelado, pintura, arte,…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.