Información familias
Queremos crear un entorno de participación para as familias e un punto de encontro para toda a Comunidade Educativa de Barouta.
Comentamos aquí algunha das ferramentas que vos poden interesar:
1.- Boletín email
Pode subscribirse ao noso boletín de novidades e contidos mediante email nesta ligazón:
https://www.ceipdebarouta.gal/newsletter/
Ou no formulario da barra lateral:
2.- Subscribirse ás notificacións
Nada máis entrar na web aparecerá a opción de que te subscribas ás notificacións.
Tamén poderás facelo en calquer momento usando a icona vermella coa campá branca que aparece na parte inferior.
Non pedimos ningún dato, podes darte de baixa en calquer momento e a subscripción faise a través das notificacións do navegador. Así estarás ao día de todo o que publicamos.
3.- abalarMóbil
A través do aplicativo de abalarMóbil recibirás avisos do centro, poderás concretar citas de titorías, acceder ás notas,… e moitas máis cousas.
4.- Seguir o noso calendario de eventos.
Podes seguir os eventos do noso centro a través do calendario Google:
Engadir calendario de eventos
5.- Comentarios nos contidos.
Ao final de cada contido terás un cadro de texto para poñer os teus comentarios. Antes da súa publicación serán revisados e por suposto pídese a utilización dunha linguaxe axeitada e unha actitude de respecto.
6.- Envío de arquivos.
No desenvolvemento de calquera procedemento ou proxecto de centro, pode ser necesario que teñas que enviarnos algún arquivo. Tendes un apartado “Envío de Arquivos” para esta finalidade.
* En calquer caso, recomendamos que revisedes a Política de Privacidade.
Invitámosvos tamén a que estedes ao tando dos proxectos que desenvolvemos:
No noso centro traballamos en diferentes proxectos que podes coñecer a través do noso apartado de proxectos e das novas que publicamos.
E, con que nos imos atopar nesta web?
Ben, imos por partes.
PARTE SUPERIOR
Temos os menús, o buscador, unhas ligazóns de contacto e uns contidos destacados.
PARTE CENTRAL – ZONA CONTIDOS
Aquí temos os contidos que se publican regularmente, na parte central, e na barra lateral contidos ou información máis específicos.
BARRA LATERAL
Aquí atoparedes contidos específicos. Destacamos:
PARTE INFERIOR
Temos a paxinación dos contidos e unhas recomendacións de contidos que che poden interesar.