Matemáticas Manipulativas Barouta

Matemáticas Manipulativas Barouta

Neste apartado poderás ver, a través de diferentes vídeos, como traballamos as matemáticas.

Propoñémoslle ao alumnado situacións de aprendizaxe. Pretendemos o desenvolvemento máximo das potencialidades en todo o alumnado, dende unha perspectiva inclusiva, á vez que fomenta o interese polas matemáticas.

Abordamos as matemáticas de maneira práctica, vivenciando, manipulando e experimentando. Trátase de ensinar como elas e eles aprenden.

O único material recoñecido universalmente para a aprendizaxe das matemáticas, son as regletas de Cuisenaire.

Metodoloxía de traballo para a aprendizaxe das matemáticas en Barouta.

A metodoloxía de traballo basease principalmente nas catro fases de aprendizaxe que propuxo Jerome Brunner (1960): vivencial, manipulativa, gráfica e simbólica:

  • FASE VIVENCIAL, como parte fundamental na experimentación co propio corpo.
  • FASE MANIPULATIVA, utilizamos obxectos da vida real e materiais didácticos (regletas, policubos, base 10, instrumentos de medida, katamino, xeoplanos…) para modelizar e concretar as ideas matemáticas con maior claridade.
  • FASE GRÁFICA OU ICÓNICA, cando representamos a través de debuxos, diagramas e esquemas as ideas matemáticas que imos construíndo a través da manipulación.
  • FASE SIMBÓLICA, cando escribimos con linguaxe matemático, tódalas ideas adquiridas mediante a manipulación e representación.

Tamén nutrímonos de aportacións de moitos investigadores no campo da matemática como José Antonio Fdez Bravo, Mª Antonia Canals…

Os materiais manipulativos como Dienes (base 10), regletas…son imprescindibles, cos que se poden traballar varias áreas das matemáticas e que axudan a desenvolver moitas capacidades do pensamento lóxico matemático. Pódense empregar para que o alumnado aprenda sobre:

  •         a cantidade
  •         as equivalencias
  •         a suma
  •         a resta
  •         a multiplicación
  •         a división
  •         as identidades notables
  •         o Teorema de Pitágoras
  •         as potencias
  •         as fracciones
  •         as raíces cadradas
  •         xeometría
  •         medida
  •         …

Engadimos vídeos regularmente.
Podes seleccionar vídeos de contidos similares premendo nas etiquetas que os acompañan. Ou ben usar o buscador.
16 vídeos atopados
Sucesos en 30 segundos [PDI 2024]
O alumnado do grupo mixto de matemáticas traballou a medida do tempo. ...
Traballamos a SUMA (descomposición)
Un novo vídeo de matemáticas de como se suma en Barouta. Traballamos a ...
Introducción á división mediante o reparto.
Iniciámonos na división mediante o reparto. Previamente, traballamos ...
Achegándonos ás medidas de tempo.
Achegámonos ás medidas de tempo, primeiro entrando en contacto con ...
Introducción á medida.
Para introducirnos na medida, primeiro comezamos con unidades ...
Traballamos a xeometría a través da arte.
Traballamos elementos xeométricos a través da arte. Ademáis de ser un ...
Estratexia buscando o 10, dobres +1, dobres -1.
Explicación de como sumar coa estratexia buscando o 10, dobres +1, ...
Matemáticas o 25N - 2024
Traballamos as matemáticas dentro do proxecto do 25N. Distintas formas ...
Agrupando de 10 en 10.
Agrupando de 10 en 10 para chegar a 100.
Páxina 1 de 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.