Política de Privacidade

Quen somos

A dirección da nosa páxina web é: https://www.ceipdebarouta.gal.
O noso email é: ceip.barouta@edu.xunta.gal
O noso enderezo é: Barouta, 11 – 15229 Ames – A Coruña

Notificacións web no navegador

CEIP de BAROUTA utiliza o software OneSignal, ubicado en 2194 Esperanca Avenue, Santa Clara, CA 95054, USA .

A Push API de OneSignal permítenos enviar notificacións e amosalas directamente no seu dispositivo. As notificacións requiren sempre o consentimento da usuaria ou usuario. Por iso sempre o podes aceptar ou rexeitar na barra de notificacións ou na configuración do teu navegador. O consentimiento para as notificacions push  sempre pode ser revocado no seu navegador.

Se da consentimento para este tipo de notificacións, non recollemos ningún dato persoal, só a IP de xeito anónimo.

Os detalles sobre o manexo dos seus datos  por parte de OneSignal e os seus dereitos ao respecto, pode atopalos en: https://onesignal.com/privacy_policy.

Comentarios nos contidos

Cando as ou os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos voluntarios que se amosan no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se o estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/.

Boletíns por email

Para recibir o noso boletín pedímoche que nos facilites un email que usaremos exclusivamente para o envío dos boletíns do colexio. Tamén recollemos datos de actividade coma os clics dos boletíns recibidos.
En cada boletín que recibas terás unha ligazón á túa páxina de perfil, onde podes darte de baixa e descargar os datos dos que dispoñemos.

Formularios de envío

Os formularios de envío desta web envían a información e os ficheiros adxuntos a un correo electrónico edu.xunta.gal, ben sexa ao correo do centro ou ao dunha mestra ou mestre, en función de a quen vaia destinada a información.

Os arquivos adxuntos gárdanse no servidor ata que se envía o correo (xeralmente nuns segundos) e posteriormente son eliminados.

Multimedia

As imaxes, audios e videos do alumnado que aparecen nesta web, están subidos á rede corporativa da Xunta, en concreto a Agueiro, e aparecen nesta web de xeito “embedido”, non se aloxan no noso servidor web.

Só en casos puntuais podemos subir imaxes ao servidor da nosa web no caso de que estas sexan obtidas doutras fontes externas e xa estén dispoñibles ou autorizadas para usos concretos.

Cookies

Esta web usa as cookies mínimas para funcionar, pero nunca recollemos ningún tipo de dato persoal sin o teu consentimento.

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas “Lembrarme“, o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Usamos cookies de Google Analytics para xerar informes estadísticos sobre como as visitantes e os visitantes atopan a páxina web e como a utilizan para determinar o número de visitas, páxinas ou temas e seccións visitadas, tempo de navegación, sitios visitados antes de entrar nesta páxina, e detalles sobre os navegadores usados. Os datos usados son sempre anónimos e non identifican á visitante ou visitante.

Ao entrar por primeira vez na páxina ou en calquer momento, no botón flotante da parte inferior esquerda, poderás entrar ao aplicativo de consentimento de Cookies con toda a infromación máis detallada.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os datos da nosa web almacénanse nun servidor de dinahosting, que están aloxados en Madrid e cumpren 100% coa lexislación española no referente á privacidade dos datos. https://gl.dinahosting.com/somos-dinahosting/infraestructura

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.