Actualizado o 28 Setembro, 2023

Non exento de diversas polémicas, o Grupo Escolar de Barouta comezou a súa actividade educativa o 6 de outubro do ano 1989, con carencias na súa instalación e tres semanas máis tarde do que comezara o curso escolar no resto de centros educativos ese mesmo ano. Foi creado como colexio de educación primaria para nenas e nenos das parroquias de Piñeiro, Tapia, Lens, Ames e Covas, esta última dividida: as crianzas de Ventosa e do Lombao ían Barouta, mentres que as das restantes aldeas da parroquia eran escolarizadas no Bispo Guerra Campos (actualmente CEIP A Maía). A educación infantil impartíase nas escolas unitarias, naquela época practicamente todas en funcionamento.

Na primeira acta da Comisión de Escolarización, do 28 de marzo de 1989, descríbese que hai máis alumnado que aulas, polo que no inicio da actividade educativa se tiveron que facer desdobramentos que inicialmente non estaban previstos. Así mesmo, na acta do primeiro Claustro do Profesorado, o 1 de setembro de 1989, rexístrase que vai ser preciso o uso de espazos destinados a laboratorios, por non haber suficientes aulas para titorías.

Dous meses despois do primeiro claustro, e unhas semanas máis tarde de inaugurarse o colexio, no Clasutro do 2 de novembro de 1989, visto que a previsión de escolarización non fora acertada, acórdase facer seis desdobramentos de aulas que non estaban previstos. Algún grupo viuse incrementado en 14 persoas máis matriculadas. Non podía haber Biblioteca e pénsase en usar a cociña para dar clase. Como tampouco había ximnasio, fálase de colocalo no soto do colexio e, de maneira provisional, facer Ed. Física na Salón de Actos. 

É importante ter memoria para ter historia. Con estes antecedentes e coa responsabilidade da Escola que Queremos, traballamos para construír a #MellorEscolaDoMundo