Escola aberta e participativa: “Carteleira de contos” en Barouta. Día do libro.

Dende BiblioBarouta adiantamos a celebración grupal do día do libro cunha activide de centro moi interesante, coa participación activa de familias, profesorado e alumnado: “Carteleira de contos”

O xoves, 2° de educación Primaria abriu o despacho de billetes e o alumnado de todo o cole sacou a súa entrada para asistir o venres 19  á escoita dun conto por parte de familias voluntarias e profesorado.

Ao finalizar o conto houbo actividades artísticas colaborativas relacionadas con cada libro.

Pasade pola bitácora de Biliobarouta a ver as imaxes da actividade.

Ver Imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.