Dende o Equipo de Convivencia e Benestar e o Departamento de Orientación do CEIP de Barouta queremos informarvos do “Plan de benestar emocional e saúde mental” que acaba de presentar o Concello de Ames.
Cremos que é un novo recurso que oferta o Concello e que pode ser interesante para as familias.
Indicar tamén, que en próximas datas (e xa o tendes axendado no noso calendario) , haberá unhas xornadas dirixidas a profesionais pero tamén a calquera persoa interesada na saúde infantoxuvenil. No PDF que adxuntamos tendes toda a información.
Referencias: