Seguimento bitácoras – Abril 2024

Aquí estamos de novo para facervos un recordatorio das bitácoras.

Seguro que moitas e moitos de vós xa as visitades regularemente e vos atoparedes con algunha cousiña das que se están facendo nas aulas ou no colexio, pero non todas claro! iso non é posible.

Como novidades destacables temos.

  • En Infantil:  varios documentos en PDF sobre as propostas que desenvolven e imaxes das últimas visitas e actividades no horto.
  • 1º de primaria: traballaron a diferenza entre prantas, arbustos e herbas. E tamén estiveron prantando.
  • 2º de primaria: seguen con propostas permanentes moi interesantes. Por exemplo, xa xogastes á “Ruleta pasapalabra“? ou visitastes a ligazón sobre “Proxecto 100 libros“. E non vos perdades como empezan a traballar cos robots True True
  • 3º de primaria: imaxes do traballo feito nun dos últimos recantos e un video como resultado dunha interesante proposta sobre braille e lingua de signos. Tamén estiveron traballando propostas relacionadas co tempo atmosférico.
  • 4º de primaria: actualizáronse contidos con propostas que se fixeron ao longo deste e doutros trimestres.
  • 5º de primaria: recibiron varias visitas de animais de compañía.
  • 6º de primaria: están a traballar moito coa meditación e a relaxación como un elemento máis da rutina diaria.
  • BiblioBarouta: podedes ver as actividades desenvolvidas nos últimos meses e a última proposta relacionada con RadioBarouta.
  • EDLG: seguemos a ter un repositorio de moitos recursos que podedes usar ao longo de todo o curso.

Visitar bitácoras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.