Matemáticas manipulativas: vídeos de estratexias do 10 e xeometría.
Escoitar artigo (Voz: Jenni)

Acabamos de engadir dous novos vídeos ao apartado de matemáticas manipulativas.

  • Estratexia buscando o 10, dobres +1, dobres -1: estas estratexias son imprescindibles para o traballo posterior coas sumas e restas. No vídeo vemos como é o proceso inicial para introducirnos nestas estratexias, e posteriormente como as aplican e as explican oralmente.

  • Xeometría: traballamos elementos xeométricos a través da arte. Ademáis de ser un proceso moi visual, lúdico e motivador, temos que facer referencia ao currículo de Primaria, que recolle este aspecto da conexión da arte coas matemáticas.

O artigo 7 j) dinos:

Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.

No referente ao currículo de infantil, tamén se fala do inicio nas destrezas lóxico-matemáticas e da importancia das diferentes representacións e manifestacións artísticas.

 

Ver apartado matemáticas manipulativas

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.