Xa podedes consultar na aplicación Admisión Alumnado, ou no taboleiro interior de anuncios do Centro, a lista provisional de admitidas/os para o próximo curso 2024-2025. Lembrade que, por Protección de Datos, non podemos dar información deste proceso por teléfono.
A partir de agora, e de acordo co calendario que publicamos ao inicio deste proceso, ata o 3 de maio poderanse presentar, en horario de secretaría, as reclamacións a esta lista. Dunha vez rematado esta prazo, o día 14 de maio publicaremos a lista definitiva e as instrucións para a formalización de matrícula (que será do 20 ao 30 de xuño).


Saber se juan mourelle avellaneda está admitido
Bo día,
Como indicamos na publicación, por Protección de Datos non se pode dar información privada. Podedes consultar na Sede Electrónica ou no taboleiro interior de anuncios no Centro Educativo.
Un saúdo