O alumnado de 5° e 6° pertencente ao Club de Lectura viaxou ata Lugo para visitar o Museo Provincial, onde está o Torque de Burela, peza clave na lectura O Misterio do Torque de Burela.
Aproveitando a visita, fomos á praza do Campo, dende alí fomos a praza de Santa María, onde puidemos ver unha piscina romana. Tomamos o petisco no quiosco da Praza de España, diante do Concello e dende alí baixamos pola rúa de San Pedro onde subimos á muralla romana.
Baixamos da muralla pola porta Miñá, e vimos a Catedral e a Domus e cimentos da muralla no museo universitario.
Ao rematar fomos xogar ao parque Rosalía de Castro. Dende alí dirixímonos ao restaurante Fonte do Rei (para comer, Lugo).
Rematamos a visita voltando ata o Vello Cárcere.
Fin da visita express.
Aquí vos deixamos unhas imaxes
Referencias: