Bo día famílias,

desde hoxe está aberto o prazo para solicitar a participación no programa de Competencias Familiares que se realizará no cole por parte de IGAXES. Os que xa fomos ao Chocolate con Chelo García coñecemos a importancia dunha relación cos/as nosos/as pequenos/as da casa.

Serán os martes pola tarde despois de Semana Santa e participarán os pais cos nenos e nenas interesados.

O Programa de Competencia Familiar é un dos máis eficaces para o cambio nas relacións familiares. Permite un adestramento activo para toda a família. Os seus resultados a longo prazo demostran a súa eficacia na mellora dos factores que compoñen a dinámica familiar positiva: resiliencia, comunicación, organización e cohesión familiar, disciplina positiva, etc.

Para apuntarse, só tedes que mandar un correo electrónico antes do 21/3/24 a:

Daniel Blanco Carpente (Orientador)

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.